Baphia
Baphia
[PLANTA]
Xénero de árbores ou arbustos da familia das fabáceas, orixinarios da África tropical. Algunhas especies, como B. nitida, proporcionan unha madeira vermella e densa, empregada en ebanistería e como base de tinturas vermellas e castañas.