Baptista, Mariano
Baptista, Mariano
Político e diplomático boliviano. Desempeñou misións diplomáticas na Guerra do Pacífico (1879-1883). Foi presidente do senado e vicepresidente da República. En 1892, apoiado polo presidente saínte Aniceto Arce, accedeu á presidencia da República (1892-1896). Emprendeu unha política de mellora do ensino público. En 1893 decretou unha amnistía que permitiu o regreso do antigo presidente Hilarión Daza.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sucre -
Deceso
Lugar : Cochamba