baquelita

baquelita

(< antropónimo L. Baekeland)

s f [QUÍM]

Nome comercial da resina fenólica termoendurecible, obtida na polimerización do fenol e formaldehido. O seu procedemento de obtención foi desenvolvido por A. Baeyer, e adaptado a escala industrial por L. H. Baekeland. Foi empregada como illante, pero estivo desprazada polo policloruro de vinilo.