Baraba, estepa de
Baraba, estepa de
Rexión da Siberia Occidental, Rusia, limitada ao L e ao O polos vales do Ob’ e do Irtyš respectivamente, ao S pola estepa de Kulundina e ao N pola rexión de Vas’uganje. Chaira de 117.000 km2, está cuberta na súa maior parte pola vexetación propia da estepa, e conta con numerosos lagos, entre os que destaca o Chani, con 3.612 km2 de superficie. Os seus principais núcleos urbanos son Barabinsk e Tatarsk. A poboación autóctona é de orixe tártara. Dende o tempo dos tsares, e tamén no dos soviets, foi un dos lugares aos que se enviaban os disidentes políticos e os delincuentes.