baralla
(
-
s
f
[XOGO]
-
Conxunto de naipes que se utilizan para varios xogos. OBS: A baralla española consta de 48 naipes que se dividen en catro paos: ouros, copas, espadas e bastos, mentres que a francesa ten 52, que se dividen en carreaux (cadros), coeurs (corazóns), trèfles (trevos) e piques (picas). Os cadros e corazóns están estampados en negro e os trevos e picas en vermello.
Ex: Pedímoslle ó camareiro que nos trouxese a baralla para xogar á brisca.
-
Xogo realizado cos naipes.
Ex: Todos os días despois do xantar xogamos á baralla.
-
-
s
f
Discusión entre varias persoas. SIN: agarra, agarrada, disputa, lea, liorta, rifa.
Ex: Veu onda min e cando se decatou estaba no medio da baralla.
-
s
f
Conversa ou charla abondosa en palabras pero sen importancia. SIN: barallada, parolada.
Ex: A baralla da hora do café non nos axudou a clarificar a nosa posición.
Refráns
- A baralla é o libro dos xogantíns.
- As barallas, novas; e as contas, vellas.