Baranga, Anxo L.

Baranga, Anxo L.

Cursou estudos de Arte na Escola Massana (Barcelona). Fundou o Grupo de Teatro Terceiro Andar, do que tamén foi actor e director, xunto con J.A.M. Da autoría de ambos son varias obras teatrais inéditas representadas polo grupo, como Ensaio de circo (1981), Un pequeno favor (1982) ou Ensaio de cabaret (1984). En colaboración con J.A.M., publicou varios libros, nos que os seus debuxos ilustran os textos: 38 poemas pra dispois de cear (1982), Houbo unha vez un anxo malo (1983), Outra historia de Bana Nagú (1983), e Martín Coutinho en busca do sol (1984). Dentro da narrativa para adultos publicaron os libros de relatos: Un pequeno favor e outras historias de humor perverso (1984) e O ollo pecho e outras historias desagradables (1989). Foi cofundador do fanzine Microbius e colaborador gráfico de publicacións como Treboada ou A Nosa Terra. Realizou diversas exposicións da súa obra pictórica. É o gañador do Premio da Secretaría Xeral de Emigración 2007 da Xunta de Galicia na sección de pintura.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Córgomo, Vilamartín de Valdeorras