barateiro -ra
barateiro -ra
(< barato)
-
adx
Que merca ou vende barato. SIN: barato, económico.
Ex: Na feira da vila hai unha morea de postos barateiros.
-
s
Persoa ou establecemento comercial que vende ou merca barato.
Ex: A barateira non me quixo cambiar a camisa que merquei.
-
adx
Que custa pouco diñeiro. SIN: barato, económico.
Ex: Merquei na feira dúas saias barateiras.
-
adx
Que é de baixa calidade.
Ex: Para os nenos déame uns reloxos barateiros, que axiña os rompen.