baratería

baratería

(< it baratteria)

s f [DER]

Acto ilícito, cometido polo capitán dun barco, que xera unha responsabilidade que pode recaer sobre os navieiros. Inclúe os danos causados ao barco e á carga por impericia ou esquecemento do capitán, os roubos e as faltas da tripulación, o feito de tomar unha ruta errada ou un cambio de rumbo equivocado, o non cumprimento do Regulamento internacional para a prevención das abordaxes no mar, e doutras leis sobre aduanas, policía, sanidade ou navegación.