barato -ta
barato -ta
-
adx
Que se vende, merca ou ofrece a un baixo prezo. SIN: barateiro, económico.
Ex: Na librería atopou uns libros de ocasión moi baratos.
-
s
m
Venda a un prezo económico.
Ex: Vai comprar ó barato que aínda queda moito para acabar o mes.
-
adx
De baixa calidade.
Ex: Xa estás ti coas túas filosofías baratas.
-
adx
Que non require moito esforzo ou que non é difícil de acadar.
Ex: Se fago o traballo aprobo a materia, así que me sae barata.
-
adv
Que se adquire a un baixo prezo. OBS: Sempre se utiliza precedido dun verbo.
Ex: Non sei como te amañas, pero sempre mercas barato.