barato -ta

barato -ta
  1. adx

    Que se vende, merca ou ofrece a un baixo prezo. SIN: barateiro, económico.

    Ex: Na librería atopou uns libros de ocasión moi baratos.

  2. s m

    Venda a un prezo económico.

    Ex: Vai comprar ó barato que aínda queda moito para acabar o mes.

  3. adx

    De baixa calidade.

    Ex: Xa estás ti coas túas filosofías baratas.

  4. adx

    Que non require moito esforzo ou que non é difícil de acadar.

    Ex: Se fago o traballo aprobo a materia, así que me sae barata.

  5. adv

    Que se adquire a un baixo prezo. OBS: Sempre se utiliza precedido dun verbo.

    Ex: Non sei como te amañas, pero sempre mercas barato.

Palabras veciñas

baratería | barateza | Baratieri, Oreste | barato -ta | baratovirar | baratoviro -ra | Báratre