Baratieri, Oreste

Baratieri, Oreste

Xeneral italiano. Foi gobernador de Eritrea (1892), onde exerceu un poder ditatorial. Distinguiuse pola súa experiencia en accións punitivas e de represión, especialmente contra os tigrinos (Abisinia, 1894-1895). En 1896 foi considerado o principal responsable do desastre de Adua e procesado por un tribunal militar en Asmara. Absolto, retirouse á vida civil.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Condino, Trentino

  • Deceso

    Lugar : Sterzing, Tirol do Sur