Barbadelo, Santiago de
Barbadelo, Santiago de
Antigo mosteiro, hoxe igrexa parroquial, situado en Sarria. No ano 976 o confeso Sunilano dooulle ao seu fillo Vermudo os lugares de San Martiño e Santiago de Barbadelo, para fundar alí un mosteiro de carácter familiar e dúplice. Incorporado ao mosteiro de Samos no ano 1009, foi priorado do mesmo ata 1835. O Códice Calixtino noméao como hospital de peregrinos. A igrexa, de fábrica románica, conserva a nave orixinaria pero perdeu a cabeceira primitiva e o arco que dá acceso á nave. No extremo noroeste da nave, érguese unha torre de planta cadrada dividida en tres seccións. Salientan os motivos ornamentais das portadas, dos capiteis e da pía bautismal. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1980 e o seu contorno en 1997.