Barbagelata Muci, Eduardo

Barbagelata Muci, Eduardo

Pioneiro do cine en Galicia. Orixinario de Italia, percorreu boa parte de Galicia cun barracón con animais semiamestrados, a finais do s XIX e principios do XX, mentres outros membros da súa familia traballaban con outro barracón, tamén ambulante, con figuras mecánicas e aparellos de proxección. Non temos constancia do momento do seu paso á exhibición cinematográfica. Agora ben, a principios dos anos 10 estivo en Ourense, e nos anos da guerra europea abriu en Monforte o Cine Moderno Barbagelata, que -despois da súa morte en 1930- funcionou adaptado ao cine sonoro ata 1948, rexentado por un fillo seu. Realizou sesións de cine en poboacións da área de influencia de Monforte (Escairón, Quiroga, Sarria), mantendo durante un tempo a súa actividade empresarial en Ourense. O exhibidor de Monforte foi incluído polo escritor Carlos Casares Mouriño no elenco de personaxes da súa novela Ilustrísima (1980).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Monforte de Lemos