Barbastro, Toma de

Barbastro, Toma de

Conquista de Barbastro, en agosto do 1064, que formou parte da campaña promovida polo Papa Alexandre II contra os musulmáns da Península Ibérica e de Sicilia, o seu carácter relixioso, remisión dos pecados aos combatentes, faina precedente das cruzadas a Terra Santa. Foi preparada en Barcelona nunha reunión de magantes á que asistiron o legado pontificio Hug Candi e o conde Ramón Berenguer I de Barcelona. Participaron forzas de moitos reinos cristiáns, entre eles as pontificias, comandadas por Guillaume de Montreuil; as normandas; as de Guy Geofroi, conde de Poitiers, e as do duque de Aquitania; as aragonesas, do Rei Sancho I Ramírez, e as catalanas do conde Ermengol III de Urgell e o bispo de Vic, Berenguer Guifré. A cidade foi tomada despois dun sitio de corenta días. Os vencedores apoderáronse dun gran botín, trataron duramente aos vencidos e adoitaron o estilo de vida musulmana. Ermemgol III foi o alcaide da fortaleza - correspondíalle un terzo de Barbastro- e a cidade foi posta baixo a soberanía de Sancho I Ramírez. Retomada a vila polo Rei musulmán de Zaragoza al-Muqtadir (1065), non foi definitivamente reconquistada ata o 1101.

Palabras veciñas

Barbasco | Barbastella | Barbastro | Barbastro, Toma de | Barbate | barbatesa | barbear