Barbeira
Barbeira
Río afluente pola esquerda do Verdugo. Nace na serra do Cando, a 880 m de altitude, na parroquia de Covelo (concello da Lama). Nos seus primeiros metros adáptase á tectónica virando de dirección, primeiro S-N, e logo, facendo o linde da parroquia de Covelo coa de Caroi (concello de Cotobade), SL-NO. No lugar de Fraguas desta última parroquia muda cara á que será a súa dirección ata a desembocadura, aproveitando unha fractura en sentido NNL-SSO. Continúa marcando o límite municipal da Lama con Cotobade ata a súa captura polo Verdugo, que se produce no lugar de Sucastro, entre as parroquias da Lama e de Augasantas, respectivamente.