barbela

barbela

(

  1. s f

    Parte do extremo inferior da cara que se corresponde coa punta saínte do maxilar inferior. SIN: barbadela, queixelo, queixo.

    Ex: Caeu de fociños e tiveron que coserlle a barbela.

  2. s f

    Porción de graxa que se forma, en especial nas persoas gordas ou entradas en idade, debaixo do queixo. SIN: barbada, barbadela, faceira, papada, papo.

    Ex: Nesta foto aínda non tiña tanta barbela.

  3. Pel colgante de debaixo do pescozo dalgúns animais. SIN: barbada, barbadela, papada, papeira, papo.

    Ex: O boi ten máis enrugas na barbela das que ten a vaca.

  4. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe do xénero Cobitis, da familia dos cobítidos, de corpo alongado e cilíndrico, ollos pequenos de posición dorsal e boca infera e rodeada de seis barbiñas sensoriais. En condicións de escaseza de osíxeno disolto na auga, poden tragar aire na superficie e asimilalo no intestino. É de hábitos nocturnos; durante o día permanece enterrado na area do fondo dos cursos ou lagos onde vive.

Frases feitas

  • Tocar a barbela

  • (a alguén). Adular a alguén para obter algún favor ou molestalo.