barbela
(
-
s
f
Parte do extremo inferior da cara que se corresponde coa punta saínte do maxilar inferior. SIN: barbadela, queixelo, queixo.
Ex: Caeu de fociños e tiveron que coserlle a barbela.
-
s
f
Porción de graxa que se forma, en especial nas persoas gordas ou entradas en idade, debaixo do queixo. SIN: barbada, barbadela, faceira, papada, papo.
Ex: Nesta foto aínda non tiña tanta barbela.
-
Pel colgante de debaixo do pescozo dalgúns animais. SIN: barbada, barbadela, papada, papeira, papo.
Ex: O boi ten máis enrugas na barbela das que ten a vaca.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe do xénero Cobitis, da familia dos cobítidos, de corpo alongado e cilíndrico, ollos pequenos de posición dorsal e boca infera e rodeada de seis barbiñas sensoriais. En condicións de escaseza de osíxeno disolto na auga, poden tragar aire na superficie e asimilalo no intestino. É de hábitos nocturnos; durante o día permanece enterrado na area do fondo dos cursos ou lagos onde vive.
Frases feitas
-
Tocar a barbela
-
(a alguén). Adular a alguén para obter algún favor ou molestalo.