barbiturismo
barbiturismo
(< barbitúrico)
s
m
[PAT]
Intoxicación aguda ou crónica polo hábito ou abuso de barbitúricos. O barbiturismo agudo prodúcese por doses moi fortes de barbitúricos en tentativas de suicidio ou por accidente; pode conducir ao coma e á morte. O barbiturismo crónico, chamado tamén toxicomanía barbitúrica, prodúcese pola inxestión de pequenas doses diarias durante anos.