barca
barca
(< lat barca)
-
s
f
[MAR]
Embarcacións de pequenas dimensións, calquera que sexa o seu medio de propulsión: vela, remo ou motor, empregadas para a pesca, o tráfico ou a navegación, tanto preto da costa como no interior dos ríos, ou ben como auxiliar doutras maiores. En Galicia, este nome xenérico é pouco usual, pois cada embarcación é denominada polo seu nome específico: dorna, gamela, chalana, etc.
-
s
f
[MAR]
Tipo de balsa que serve para atravesar un río dunha beira a outra.
Frases feitas
-
Poñer o pé na barca de caronte. Finar.