Barcala Porto, María Jesús
Actriz. Iniciou a súa carreira profesional coa Compañía Teatro da Mari-Gaila, participando en espectáculos como O agnus dei dunha nai (1980), Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), Acto cultural (1982) e A noite das tríbades (1983). Formou parte do elenco artístico do primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Woyzeck (1984), e durante 1985 integrouse na compañía madrileña Guirigai. De regreso a Galicia participou na creación da compañía Teatro do Atlántico coa que realizou espectáculos como A marabillosa historia de Marly, vampira de Vila de Cruces (1986), Quartett (1987), Liberdade Brenana (1989), Historia de Neera (1990), Non se chora (1993), Tolos de amor (1995), Casa de Bonecas (1995) ou Vellos tempos (1998). Co Teatro do Noroeste participou en Rei Lear (1991) e co Centro Dramático Galego en A noite vai coma un río (1986), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O peregrino errante que cansou ao demo (1997), El bufón de El-Rei (1997) e Memoria de Antígona (1998). En 1992 recibiu o Premio Compostela á mellor interpretación feminina polo seu traballo en Ocasos, espectáculo producido polo Teatro do Atlántico. Traballou como axudante de dirección no espectáculo A fiestra valdeira (1994), presentado polo Centro Dramático Galego e realizou, tamén, labores de produción e distribución dos espectáculos de Teatro do Atlántico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vila de Cruces