Barcelona
Barcelona
Capital do estado de Anzoátegui, Venezuela, atravesada polo río Neveri (221.792 h [1990]). Centra as actividades gandeiras e agrícolas das concas do Unare e do Neveri. A explotación do petróleo terra dentro e o comercio desenvolveron a cidade durante os últimos vinte anos. Foi fundada co nome de Nova Barcelona polo catalán Joan Orpí, no 1638, co desexo de que fose a cidade de Nova Cataluña. Os indíxenas destruírona e Fernández de Angulo reedificouna no 1673.