Bardas
Bardas
Patricio bizantino. Irmán de Teodosia (esposa do Emperador Teófilo), durante a minoría de idade do seu sobriño, o Emperador Miguel III, asumiu a rexencia (856-866). Destituíu ao Patriarca de Constantinopla, Ignacio, e substituíuno por Focio (858), feito que orixinou o primeiro intercambio de anatemas entre Roma e a Igrexa Bizantina. Fundou a célebre escola de Magnaura. Baixo o seu goberno, a cultura bizantina rexurdiu e iniciouse a evanxelización dos pobos eslavos. O Emperador, influído por outro favorito, o futuro Emperador Basilio I, mandou asasinalo.