Bardem Muñoz, Juan Antonio
Realizador cinematográfico, crítico e guionista. Iniciouse profesionalmente en 1951 con Luís García Berlanga codirixindo algunha película e como guionista de Bienvenido Mr. Marshall (1952). No ano 1955 realizou Muerte de un ciclista, un filme crítico sobre a ditadura franquista instaurada en España. Fundou tamén a revista Objetivo que foi clausurada pola censura, coa que tivo que loitar ao longo de moitos anos para sacar adiante os seus filmes. Foi presidente da produtora Uninci. Outras películas súas son Calle Mayor (1955), Sonatas, baseadas na obra de Valle Inclán (1959), Nunca pasa nada (1963), El último día de la guerra (1969), Variétés (1970), La corrupción de Chriss Miller (1972), El poder del deseo (1975), El puente (1976), Siete días de enero (1978), La advertencia (1982), Jurabo (1984) e Resultado final (1997). Para televisión realizou as series Lorca, muerte de un poeta (1987) e El joven Picasso (1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Falecemento
Lugar : Madrid