Bardos, Os
Bardos, Os
Publicación cultural que saíu na Coruña no ano 1987. Na súa segunda época, editada a partir de 1989, titulouse Bardos Cultural. Entre os seus colaboradores figuraban, entre outros, Xosé Temprano, Eduardo Blanco, Anxo Padín e Concha Blanco. Esta publicación foi iniciativa da agrupación cultural que pertencía ao popular barrio coruñés da Gaiteira. Na segunda etapa da revista introducíronse páxinas de temas sobre cultura, historia, pintura, arqueoloxía, etc.