Bargas
Bargas
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo Guadarrama (6.608 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias, destacando os cultivos de cereais, oliveiras e vides, xunto á gandería ovina. A primeira referencia documental a Bargas remóntase á invasión musulmá (711). Nun texto datado en 1576 explícase como o emprazamento do núcleo se trasladou dende a beira do Guadarrama a un outeiro, por ser un lugar máis salubre.