Barinas

Barinas

Estado de Venezuela (35.200 km2; 516.789 h [1995]). A súa capital é Barinas. Anteriormente recibía o nome de Estado de Zamora. A maior parte do seu territorio pertence á rexión natural de Los Llanos, agás o N, onde se atopan as serras da cordilleira dos Andes. A máxima altitude rexístrase no páramo de Mucuñuque, de 4.672 m. Os seus ríos, numerosos e caudalosos, desembocan no Apure. A maior parte da poboación está establecida ao pé das montañas, a salvo das inundacións que se producen nas épocas de chuvia.