Barinas
Barinas
Capital do estado de Barinas, Venezuela, nas beiras do río Santo Domingo (179.918 h [1991]). Encrucillada de importantes estradas que relacionan os Llanos, o litoral do Caribe e a cordilleira de Mérida. Cidade importante durante a época colonial, foi trasladada ao seu lugar actual dende as abas da cordilleira no 1759.