Barja Iglesias, Ángel

Barja Iglesias, Ángel

Compositor. Á idade de 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). En 1951 ingresou na Congregación de PP Redentoristas, dando comezo á súa actividade como compositor de música coral, xénero que chegou a abarcar máis da metade da súa extensa obra, que aglutinou uns 500 títulos. A partir de 1978 intensificou a súa actividade musical: compuxo música para órgano, piano, orquestra de cámara e sinfónica, música para nenos, e harmonizou innumerables melodías galegas e non galegas, como a célebre Alfonsina y el mar, entre outras. Impartiu Formas Musicais, Harmonía e Conxunto Coral no conservatorio de León e dirixiu a Capilla Clásica de León (1972-1987), coa que chegou a dar uns 200 concertos. Entre as súas composicións destacan: Campanas de Bastabales (1954), Diálogos (1972), Canticum (1974), Retablo (1976) e Cantos de noche alta (1982). Recibiu numerosos premios, entre os que cómpre destacar o Premio Nacional de Composición Polifónica, pola súa obra Madrigal (1972), Premio Internacional de Composición Organística (1976) e Premio Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada (1985).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santa Cruz de Terroso

  • Deceso

    Lugar : León