Barquisimeto

Barquisimeto

Capital do estado de Lara, Venezuela, á beira do río Turbio (692.599 h [1992]). É o centro dunha rexión agrícola, núcleo industrial e centro comercial. Posúe minas de cobre. A cidade foi fundada no 1552 por Juan de Villegas co nome de Nueva Segovia de Barquisimeto.