1 barra

1 barra

(

  1. s f

    Peza composta dun material ríxido que presenta unha forma alongada e, en xeral, de pouco grosor.

    Ex: Mercamos a barra para as cortinas en ferro forxado.

  2. s f

    Panca ou vara que se usa para transportar algunha cousa pesada ou como panca para levantala.

    Ex: Intentei mover a pedra coa barra de madeira, pero case parte.

  3. s f
    1. Peza alongada, xeralmente de metal, que soen ter os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.

      Ex: Deu un golpe coa barra do mostrador.

    2. O mostrador no seu conxunto.

      Ex: Sentamos nas mesas ou tomamos o café na barra?

  4. s f

    Bloque de sección trapezoidal de ouro ou de prata en bruto.

    Ex: Subiu o prezo do ouro en barra.

    Sinónimos: lingote.
  5. s f [ALIM]
    1. Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.

      Ex: Gústalle tanto o xeado, que comeu unha barra enteira. Hoxe os nenos non comen na casa, así que trae só unha barra da pan.

    2. Forma de paralelepípedo alongado coa que se fabrican boa parte dos produtos derivados da chacina, para que se poida rebandar con maior facilidade.

      Ex: Compraches a barra de xamón?

  6. s f

    Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.

    Ex: Con tantas barras case non se ve a lúa.

  7. s f [DEP]

    Aparello ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos. A chamada barra de equilibrio está situada a 20 cm de altura e descansa nuns soportes verticais; os ximnastas deben camiñar sobre ela mantendo o equilibrio. A barra fixa emprégase para saltos, flexións e exercicios de suspensión.

  8. s f [ESPECT]

    Nunha academia de danza, pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.

  9. s f [ETN]

    Panca que vai introducida nas paredes e coa que se aseguran fiestras e portas.

    Sinónimos: tranca.
  10. s f [FÍS]

    Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, empregado para correntes de forte intensidade.

  11. s f [GRÁF]

    Liña ampla trazada sobre unha superficie, que se distingue do resto pola cor, estrutura, traballo, etc.

  12. s f [HERÁLD]

    Peza que atravesa diagonalmente a superficie dun escudo, dende a esquina superior esquerda, ata a inferior dereita; o seu largo é o dun terzo do escudo.

  13. s f [HIST]

    Peza de prata dun peso máximo de 120 marcos que, segundo a lexislación das Indias (s XVI), se transportaba dende América ata a Península Ibérica coa intención de facilitar a exacción do imposto do quinto de minas.

  14. s f [INFORM]

    Signo gráfico (/) que podemos reproducir nun ordenador por medio dunha tecla e que se emprega con distintos fins: separar construcións gramaticais nos textos, indicar a ruta que se debe seguir a través de diversos directorios para chegar a un ficheiro, ou como parte da ruta do navegador na procura dun enderezo de Internet.

  15. s f [LING]

    Signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia en diagonal (/) ou vertical (|) segundo os casos, empregada en circunstancias específicas para separar elementos en lugar do guión, o punto ou outro signo gráfico.

  16. s f [MAR]

    ara, que xunto con outras iguais, serve para virar o cabrestante ou o muíño movendo a man.

  17. s f [MAT]
  18. barra de platinas [TÉXT]

    Peza metálica, de madeira ou doutro material, xeralmente recta, ríxida, de sección uniforme e de dimensión lonxitudinal notablemente superior ás dimensións transversais. As barras metálicas obtéñense por laminado ou estirado e poden ser planas, cadradas, redondas, hexagonais, triangulares, octogonais, etc.

  19. barra de prensa [TÉXT]

    Depósito de sedimentos de grava, area ou limo, mergullado ou emerxido, de orixe detrítica, que normalmente aparece ben no litoral, ben na confluencia dun río cun afluente, e que dificulta a navegación.

  20. barra de tarefas [INFORM]

    Cada un dos condutores paralelos, distribuídos un por fase ou polo, segundo o tipo de corrente, alterna ou continua, dispostos nun plano horizontal ou vertical. A el acoden todas as liñas enlazadas cunha central de produción, de distribución ou de consumo eléctrico, empregando os aparellos convenientes. Chámase tamén barra ómnibus ou barra de transferencia.

  21. barra de título [INFORM]

    Barra máis ou menos longa, cunha serie de fresados verticais en toda a súa lonxitude, onde se colocan as agullas de pico de prensa. Aparece nalgunhas máquinas téxtiles como a Cotton, a Kette e a Raschel.

  22. barra de torsión [TECNOL]

    Peza do torno paralelo á doutras máquinas que consiste nunha árbore cilíndrica, dentada ao longo, que transmite o movemento de avance ao carro principal, co que se produce un desprazamento paralelo ao eixe da máquina co que se orixina un desprazamento perpendicular a ese eixe. No torno paralelo, esta peza tamén recibe o nome de barra cilindrar ou de escuadrar.

  23. barra de tracción [TRANSP]

    Fileira de pequenas iconas que aparece ao abrir unha aplicación, organizadas usualmente na parte superior, inferior, á dereita ou esquerda da zona de traballo na pantalla. Cada icona representa un comando empregado para unha determinada acción, de xeito que ao premelo co rato se evita empregar unha tecla ou unha combinación delas. Moitos programas permiten personalizar a barra de botóns para adaptala ás necesidades de cada usuario.

  24. barra de unión das rodas [TECNOL]

    Raia trazada verticalmente sobre o pentagrama, que indica o acento métrico principal da unidade de tempo musical chamada compás. A súa aplicación xurdiu no s XVI e foi xeneralizada no XVII para facilitar a lectura dos tabuladores do órgano e do laúde, e a execución de conxuntos vocais ou instrumentais, cada vez máis numerosos.

  25. barra-faixa [HERÁLD]

    Aquela que no sistema operativo Mac OS permite realizar directamente unha serie de operacións, sen necesidade de abrir ningunha aplicación.

  26. barra I [INFORM]

    Dispositivo en forma de barra ou de placa que permite, co seu movemento, modificar a reactividade dun reactor nuclear ao absorber máis ou menos neutróns. As barras de compensación serven para equilibrar grandes e lentas variacións de reactividade. As barras de regulación serven para afinar a potencia ata acadar o valor desexado e nivelar as variacións rápidas de reactividade de pouca amplitude. As barras de seguridade permiten deter o reactor en poucos segundos en caso de emerxencia. As barras de control, xeralmente de cadmio ou de boro, desprázanse verticalmente e poden introducirse totalmente no núcleo do reactor.

  27. barra litoral [XEOG]

    Denominación da imaxe que se encontra no lado dereito e inferior dunha ventá de determinadas aplicacións, que permite desprazar a zona visible da ventá para que se poidan ver aquelas que quedan ocultas. Estas barras úsanse facendo clic nas frechas dos extremos ou ben premendo co rato para mover o cadrado de desprazamento. A posición deste cadrado proporciona asemade unha representación gráfica da zona do documento na que o usuario está situado: se o cadrado de elevación está preto da parte superior da barra, indica que está cerca da parte superior do documento, e o mesmo para a parte inferior, a dereita e a esquerda.

  28. código de barras

    Barra que une a panca da dirección (a que sae da caixa da dirección) ou os extremos da cremalleira (no caso de dirección de piñón e cremalleira) coa panca (ou as pancas) de mando das rodas directrices dun vehículo.

  29. en barra [HERÁLD]

    Peza enroscada do torno paralelo, que transmite o movemento de avance ao carro principal e que se emprega, substituíndo a de cilindrar, en operacións que requiren máis precisión na aplicación dese movemento, especialmente no enroscado de pezas no torno.

  30. xogo da barra [DEP]

    Cada unha das barras que teñen diversas máquinas téxtiles, como as de encher carretes, as tecedeiras mecánicas e as de algodón. Ao longo delas están dispostos os guiafíos, que alimentan os carretes ou as agullas.

  31. ara longa, adherida á cara interior da tapa dos instrumentos de corda, paralela ás cordas, que actúa como reforzo, para soster a presión que producen as cordas sobre a tapa a través da ponte e para comunicar as vibracións.

  32. Pintura para os beizos cando ten forma de barra.

  33. Aquela que presenta un conxunto de menús ou funcións que se poden executar ao traballar cunha aplicación; pódense ver cada un dos menús premendo nunha palabra ou icona.

  34. Cada unha das barras dos guiafíos das máquinas de tecidos de punto para o urdido Kette e Raschel. Consiste nunha barra angular moi longa cunha serie de buratos, nos que se fixan uns fusibles que conteñen os pasadores ou guiafíos, polos que pasa o fío correspondente, destinado á alimentación dunha agulla.

  35. Barra que se atopa na máquina rectilínea Cotton e que, co seu movemento de avance, empurra todas as platinas de igualación e forma a recollida definitiva, mentres que o movemento de retroceso despraza, xuntamente cos de recollida, a súa posición inicial, deixándoos a punto para comezar un novo ciclo de formación.

  36. Cada unha das barras, que nas máquinas de tecidos de punto para urdido, Kette e Kette-Raschel equipadas con agullas de pico ou de prensa, se empregan para prensar todas as agullas ao mesmo tempo.

  37. Aquela que no sistema operativo Windows contén o botón de inicio e que amosa por medio de iconas qué programas e documentos están abertos, cáles son as unidades de lectura ou gravación de datos e os periféricos que se encontran en uso. Dispón dunha serie de controis adicionais por medio dos que se realizan unha serie de operacións sen executar novos programas. Opcionalmente se poden incluír iconas para acceder de xeito inmediato ás aplicacións máis usadas.

  38. Aquela que está situada na parte superior dunha ventá e que usualmente dispón dun rótulo que sinala o nome do programa ou o arquivo que está aberto, así como as iconas que permiten realizar diversas operacións.

  39. Especie de resorte constituído por unha barra de aceiro de grande esveltez, que pode ser utilizada nos automóbiles como elemento elástico da suspensión -en substitución dos amortecedores ou resortes helicoidais- ou ben como un elemento estabilizador, para reducir o balanceo do vehículo nas viraxes. Cando é unha barra estabilizadora, móntase transversalmente ao longo do vehículo e nos seus extremos van fixados os soportes dos manguitos das rodas de cada banda.

  40. Barra enroscada que forma parte do enganche manual dos vehículos ferroviarios. Funciona como un tensor que facilita o encaixe entre os dous vehículos e permite axustar a distancia entre os seus topes.

  41. Barra ou barras que unen as rodas directrices dun vehículo entre si, constituíndo o que se chama paralelogramo de dirección.

  42. Peza composta que resulta da unión da metade superior dunha barra e dunha faixa.

  43. Forma do punteiro do rato nun contorno de edición de textos. A altura da barra I indica o tamaño do tipo seleccionado na actualidade.

  44. Barra formada na desembocadura dos ríos no mar, nas rías, baías, esteiros ou praias por efecto da deriva litoral das correntes mariñas, das mareas e da ondada, ou da combinación destes procesos coa dinámica fluvial. As que se forman na zona intermareal poden aparecer mergulladas ou en superficie segundo a oscilación das mareas.

  45. código de barras.

  46. Nas representacións heráldicas, aplícase ás pezas longas ou mobles colocados na dirección diagonal propia da barra.

  47. Deporte especialmente popular en Aragón e Euskadi. Consiste no lanzamento dunha peza cilíndrica ou prismática de ferro, de 3,5 kg de peso, 1,50 m de lonxitude e de 2,5 a 4 cm de diámetro, que se crava na terra.

Sinónimos

Citas

  • Os amortecedores levan barras de aceiro.

Frases feitas

  • Barra libre. Expresión que indica que se pode consumir de balde nun establecemento.

Palabras veciñas

Barquiña, punta | Barquisimeto | Barr, corpúsculo de | 1 barra | 2 barra | 3 barra | Barra