Barrabás

Barrabás

Segundo o Evanxeo, delincuente encarcerado en Xerusalén, probablemente por motivos políticos, en tempos de Poncio Pilato. Os xudeus demandaron que fose indultado, con motivo da Pascua, ao tempo que esixían a crucifixión de Xesús de Nazaret.