barracuda
barracuda
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe do xénero Sphyraena da familia dos esfirénidos, de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións (algunhas especies poden acadar máis de 2 m de lonxitude) e de cor grisalla. As barracudas viven en pequenos grupos, preto das costas, nos mares tropicais e temperados. Son carnívoras e moi voraces. Algunhas especies tropicais de maior tamaño poden chegar a atacar a especie humana. S. barracuda, do mar das Antillas, é a especie máis representativa. Na Península Ibérica pódese atopar a especie S. sphyraena, especie tropical que chega ata o golfo de Bizkaia, coñecida co nome de bicuda.