1 barragán

1 barragán

(<ár barrakān ‘manto moi basto’)

  1. s m
    1. Tea ordinaria, de pel de camelo, apertada e impermeable, moi semellante ao camelote, usada especialmente para facer roupas de abrigo.

      Ex: Mercou unha chaqueta de barragán que lle acaía moi ben.

    2. [INDUM]

      Abrigo de home feito desa tea.

  2. s m

    Tecido de estame con atadura plana, moi apertada, feita actualmente como imitación do barragán.

    Ex: A saia que mercou de barragán era unha boa imitación.

Palabras veciñas

Barradas, Rafael | 1 barrado | 2 barrado -da | 1 barragán | Barragán | Barragán | barraganete