Barranco León

Barranco León

Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (1,8 M a) sobre un nivel lacustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos restos de animais parcialmente removidos, asociados a un conxunto de sílex no que predominaban as pequenas lascas, aínda que tamén se detectou a presenza de núcleos e manuportes. A análise espacial do xacemento demostra a existencia de dous solos diferentes, no primeiro deles establécese unha clara relación entre as industrias líticas e os restos dun hipopótamo. Así mesmo, nesta localidade arqueolóxica detectouse un molar humano.