Barrax
Barrax
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, nos contrafortes da serra de Alcaraz (1.979 h [1996]). Polo seu termo municipal pasa a canle de transvasamento Tajo-Segura. A base da súa economía é o sector agropecuario, no que destacan as producións vitivinícolas e cerealísticas, ademais da recolección do azafrán, o esparto e a gandería ovina.