Barreiro Gil, Jaime
Político e economista. Profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi senador pola Coruña do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na segunda (1982-1986) e terceira lexislatura (1986-1989), na que foi membro da Comisión Permanente do Senado, Asuntos Exteriores e Presupostos. Publicou Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia 1900-1930 (1983), Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro terzo do século XX (1990) e As raiceiras históricas do cooperativismo agrario en Galicia (2013). Así mesmo, realizou un estudo sobre o labor de Cruz Gallástegui e sentou as bases para unha bibliografía sobre a cuestión foral galega. Foi decano da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC entre o 2003 e o 2007, impartindo docencia na área de Historia e Institucións Económicas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santa Comba