Barrié de la Maza, Encoro

Barrié de la Maza, Encoro

Encoro do río Tambre provocado pola presa do lugar de Sopenas, no límite das parroquias de Liñaio (concello de Negreira) e Cornanda (concello de Brión). As obras da presa, que ten unha altura de 44,5 m, principiaron en 1946. En 1949 xa estaba en servicio, abastecendo a central eléctrica Tambre I. Unha canle duns 6 km de lonxitude conduce as augas dende a presa ata a central. En 1973 entrou en servizo unha nova central: a Tambre II. Situado sobre un canón encaixado no curso do Tambre, o encoro abrangue unha superficie de 270 hectáreas, ao longo de 14 km, e ten unha capacidade de 30,2 Hm3.