Barrié de la Maza, Pedro
Empresario. Estudiou na Escola Superior de Comercio da Coruña. En 1912 foi nomeado socio-xerente de Sobrinos de José Pastor, sociedade que en 1925 se converteu no Banco Pastor da que foi vicepresidente e director xeral e, en 1939, presidente. Ata 1968 foi conselleiro do Banco de España e do Banco de Crédito Local de España. Foi promotor e impulsor das seguintes empresas: Aluminio de Galicia, Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO), Barras Eléctricas Galaico Asturianas, Compañía Española de Industrias Electroquímicas (CEDIE), Compañía Española de Propaganda, Industria y Cinematografía (CEPICSA), Elaborados Metálicos (EMESA), Fabricación de Envases Metálicos (FEMSA), Fuerzas Eléctricas del Noroeste (FENOSA), Fabricaciones Eléctricas, Navales y Artilleras (FENYA), Finisterre, Gas Madrid, Grafitos Eléctricos del Noroeste (GENOSA), Hullas del Coto Carta, Industrias Gallegas, La Toja, Compañía Madrileña de Alumbrados e Calefacción por Gas, Minero Siderúrgica de Ponferrada; Cubiertas y Tejados, Ferrocariles de Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo, Parma y Pesquerías Españolas de Bacalao (PEBSA). En 1955 foi designado por Franco Procurador nas Cortes e, en 1956, creou a Fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Ademais da presidencia do Banco Pastor ocupou as de FENOSA, ASTANO, Gas Madrid, Ferrocarriles de Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo, Coruñesa de Pesca y Navegación e Industrias Gallegas. En 1955 foille outorgado por Franco o título de Conde de Fenosa. Ademais recibiu numerosas condecoracións, entre as que cómpre salientar: doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela ou a Cruz de Isabel La Católica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso