Barrientos Ortuño, René
Barrientos Ortuño, René
Político e militar boliviano. Nomeado vicepresidente da República por Víctor Paz Estenssoro (1962), participou no seu derrocamento (1964), e co xeneral Ovando dirixiu a xunta militar que asumiu o poder. Á fronte do Movemento Nacionalista Revolucionario acadou a Presidencia en 1966. Durante o seu mandato o exército reprimiu a loita guerrilleira e a axitación estudiantil. Morreu en 1969 nun accidente de aviación.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tarata, Cochabamba -
Deceso
Lugar : Arque, Cochabamba