Barrios, Justo Rufino
Barrios, Justo Rufino
Político guatemalteco. Colaborou con Granados no derrocamento do réxime do presidente Cerna (1871) e ocupou a presidencia entre 1873-1885. Baixo a súa presidencia inaugurouse o alumeado eléctrico e a primeira liña férrea. Pretendeu reconstituír a Federación Centroamericana e, ao non contar con apoios, pretendeu impoñela pola forza. Morreu cando intentaba invadir El Salvador.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Lorenzo -
Deceso
Lugar : Chalchuapa, El Salvador