Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa
Ensaísta e tradutora. Licenciada en Filosofía e Letras (1960). Dende 1964 reside en Londres, onde foi cofundadora do chamado Grupo Galego de Londres e integrante del en todas as etapas (1970-1981). Colaboradora da revista Festa da palabra silenciada, onde aborda a temática feminista. Na súa produción ensaística destacan Cartas a Rosalía (1981) e Introdución á Astroloxía (1983). No eido da tradución publicou Contos de Andersen (1983), Alicia no país das maravillas (Premio Nacional de Tradución de Literatura Infantil y Juvenil do Ministerio de Cultura, 1985), Alicia do outro lado do espello (1986), estes dous últimos en colaboración con F. Pérez Barreiro e Fábulas de Esopo (1997). Como narradora publicou os contos “Vigo-Southampton” e “O Breixo” (1972) e Dentro e fóra (2002).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña