Barroso Sánchez-Guerra, Antonio
Militar. En 1908 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1918 xa era capitán e ingresou no Estado Maior. Comandante do Estado Maior (1919) foi agregado militar nas embaixadas de París, onde ampliou os seus estudios na escola Superior de Guerra, na de Bruxelas e nas legacións de Berna e A Haia. Ao iniciar a Guerra Civil abandonou os seus cargos, situouse no bando franquista e foi nomeado xefe de operacións do estado maior das tropas que tomaron Badajoz e Toledo. En 1937 ascendeu a coronel por méritos de guerra. Ao rematar a guerra volveu a París ata 1943, data na que ascendeu a xeneral de brigada, foi segundo xefe do Estado Maior Central ata 1947 en que ascendeu a xeneral de división e foi designado gobernador militar de Sevilla. En 1951 foi gobernador militar do Campo de Gibraltar e en 1983 titular da Capitanía Xeral de Granada. En 1955, co grao de tenente xeneral, foi nomeado director da Escola Superior do Exército e, en 1956, xefe da Casa Militar do Xefe do Estado. En 1957 foi nomeado ministro do Exército ata 1962. Foi procurador en Cortes e conselleiro nacional. Recibiu numerosas condecoracións: cruces de Mª Cristina, de Guerra, do Mérito Militar e Naval e Rojas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Marín -
Deceso
Lugar : Madrid