Barth, Heinrich

Barth, Heinrich

Xeógrafo e explorador alemán. No 1845 fixo unha viaxe polo litoral mediterráneo, sobre a que publicou Wanderungen durch die Küstenländer des Mittelmeers (Excursións polos países costeiros mediterráneos, 1849). Participou nunha expedición a África patrocinada polo goberno británico, froito da que xurdiu o libro Reisen und Entdeckungen in Nord -und Zentralafrika (Viaxes e descubrimentos no norte e no centro de África, 1855 -1858).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Berlín