Barxa Álvarez, Nemesio

Barxa Álvarez, Nemesio

Avogado e articulista, licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Na súa tarefa xurídica especializouse en cuestións relacionadas cos montes veciñais, a cota empresarial, os encoros e as industrias contaminantes; tamén participou como defensor en procesos vistos contra nacionalistas. Así mesmo, desenvolveu a súa actividade no eido da cultura e da normalización da lingua galega na Administración Pública e nos tribunais de xustiza. Publicou Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norde de Portugal. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974). É membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e da Comisión sobre Toponomia do concello de Ourense. No ano 2017, doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana do Bolo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Caldesiños, Viana do Bolo