Baryshnikov, Mikhail

Baryshnikov, Mikhail

Bailarín e actor letón. Comezou a súa carreira no Ballet Kirov soviético con só quince anos. Permaneceu nel entre 1966 e 1974, data na que se exiliou en Canadá, dende onde pasou aos EE UU para bailar no American Ballet Theatre. De aí marchou ao cine, onde conseguiu unha nominación ao Oscar pola súa interpretación en The turning point (Paso decisivo, 1977), a súa primeira película. Rodou tamén: White nights (Noites de sol, 1985), Dancers (Bailaríns, 1987) e Company business (Grupo de espías, 1991).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Riga, Letonia