Basehart, Richard
Basehart, Richard
Xornalista, locutor e actor norteamericano. Fillo dun editor de periódicos, debutou en Broadway en 1938. En 1945 recibiu o premio dos críticos de Nova York polo seu traballo en The hasty heart (O corazón irreflexivo). Foi un actor moi versátil na televisión, na que interpretou ao comandante Nelson na serie Viaxe ao fondo do mar. Participou nos filmes: Repeat perfomance (Volver vivir, 1947), Tension (1950), Decision before dawn (Decisión ao mencer, 1951), Titanic (1953), Moby Dick (1956), Hitler (1961) e Being there (Benvido aquí, 1979).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Zanesville, Ohio -
Deceso