Basilio o Grande, san

Basilio o Grande, san

Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de índole teolóxica, e O Hexaemeron, de carácter esexético. Na iconografía aparece representado na arte bizantina xunto con outros doutores da Igrexa grega levando como atributos: un palio, unha cruz de tres traveseiros (símbolos episcopais) unha pomba pousada no seu ombro ou na cabeza (símbolo do Espírito Santo). A súa festividade celébrase o 2 de xaneiro no rito romano e o 1 de xaneiro no rito bizantino.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cesarea de Capadocia