Basilio I de Bizancio
Emperador de Bizancio (867-886), coñecido como o Macedonio, fundador da dinastía macedónica. De orixe modesta, converteuse en confidente do Emperador Miguel III, a quen fixo asasinar no 867. Recoñecido Emperador, restableceu o creto do malparado tesouro público e reorganizou a administración de xustiza e o exército. Intentou reconciliar a igrexa grega coa romana, motivo polo que destituíu o patriarca Focio por Ignacio (seguindo os desexos do Papa) e reuniu o VIII Concilio Ecuménico en Constantinopla (869-870). Consolidou a presenza bizantina en Rusia, Macedonia, Serbia e Bulgaria, expulsou os árabes de Asia Menor e tentou restaurar a autoridade do Imperio Bizantino sobre a Italia meridional (reconquista de Benevento e Bari). Baixo o seu reinado principiou a reforma legal coa publicación de dous manuais: o Prókeheiros nómos (Manual de dereito) e o Epanagogé. Asociou ao trono os seus fillos Constantino e León; sucedeuno este último.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Adrianópolis