Basille, Casa Torre de

Basille, Casa Torre de

Antigo pazo de Basille, situado na parroquia de Pousada (Baralla). Tivo diversos propietarios, entre eles o conde de Lemos e marqués de Sarria, e o mosteiro de Santa María de Penamaior (1159). A torre de tres plantas está feita con cachotería de lousa e con cantería nos ángulos. De planta cadrada, ten a capela nun ángulo do patio.

Palabras veciñas

Basilisa | Basilisa, santa | basilisco | Basille, Casa Torre de | Basin, Thomas | Basinger, Kim | Basingstoke