basilisco
(< lat basiliscu < grβασιλίσκος ‘reiciño’)
-
s
m
[MIT]
Réptil fabuloso ao que se atribuía a propiedade de matar coa mirada, representado como un ser especialmente temible, con ollos e boca ardentes, corpo de serpe, patas de galo, alas espiñadas e rabo en forma de lanza.
-
s
m
[ANIMAL]
Réptil meseoamericano de ata 80 cm de lonxitude, de cores variables. Presenta unha crista eréctil na cabeza, especialmente desenvolvida nos machos, e outra ao longo da columna e da cola. Habita nos arredores dos ríos e regatos e aliméntase de froitos e insectos; móvese rapidamente e poden correr pequenas distancias por riba da auga.
-
s
m
[HIST/BÉL]
Peza de artillería empregada nos ss XVI e XVII. Usada especialmente polos turcos en combates navais, desprazou á bombarda. Desapareceu a causa da dificultade do seu manexo.
-
s
m
[HERÁLD]
Representación da figura quimérica dun animal en forma de dragón con cabeza de galo, vista de perfil.
Frases feitas
-
Estar feito un basilisco. Estar incomodado e irascible.
-
Ollos de basilisco. Ollada penetrante ou feroz.